Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 03/05/2024 | Racha coas cadeas

Presentamos unha campaña contra os riscos dixitais na infancia

O principal alicerce é a acción directa coas familias

03/05/2024 | A Limia

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso convocou a tódolos axentes educativos da comarca para presentarlle unha campaña educativa na que leva traballando as últimas semanas logo de detectar moitos casos de problemas da infancia da Limia asociados ó uso e abuso do teléfono móbil.
A cuestión máis urxente é a relacionada coa pornografía.  O servizo de inclusión socio laboral do CDR está traballando con varias familias que detectaron un acceso prematuro a contidos sexuais de nenos ou nenas de incluso menos de 8 anos.  A psicóloga e sexóloga do CDR, Sarai R. Bohórquez, alerta ás familias: “o córtex prefrontal non está preparado para entender o que ven e non se pode permitir que aprendan que o sexo é iso ou é así”.
A área educativa do CDR O Viso desenvolve unha campaña cun forte contido gráfico e audiovisual aínda que o principal alicerce é a acción directa coas familias. Así, visitaranse tódolos parques e zonas recreativas da vila nas próximas semanas para concienciar ás familias da importancia dunha cuestión que está moi presente no noso medio. O foco porase  fundamentalmente nas familias e o CDR conta co apoio de axentes educativos do ámbito musical, do deporte e dos servizos sociais.
Esta primeira fase da campaña consiste en diferentes reunións con profesionais e persoal técnico da educación. Comezou na mañá do martes 30, último día de abril, e continuamos a facelos ó longo destes días.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias