Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 19/03/2024 | En comunidade: coñecendo o patrimonio. Sandiás

Gozando dun lecer saudable en Comunidade

Descubrindo o encanto de Sandiás

19/03/2024

O pasado sábado, 16 de marzo, o CDR O Viso xunto co Concello de Sandiás organizamos a actividade "En comunidade: coñecendo o patrimonio de Sandiás".
Preto dun medio centenar de persoas de diferentes lugares como Boado, Lodoselo, Portoalto, Sarreaus, Xinzo, Laroá, Fiestras, Sandiás, entre outros, reuníronse para explorar recunchos fermosos da nosa comarca da Limia. Realizouse un percorrido guiado polos veciños de Sandiás, Pepe e Pilar, polo patrimonio medieval da zona, visitando o "Camiño dos Cabaleiros", a Torre do Castro, O Pazo do Telleiro, lugares emblemáticos.
Os nenos viviron a experiencia con alegría, explorando a natureza e xogando entre os muros e penedos da torre, mentres que os adultos reflexionaron sobre a importancia de preservar este patrimonio cultural e paisaxístico.
Esta iniciativa fomenta a interacción entre persoas de distintas idades, contribuíndo ao envellecemento activo e potenciando as habilidades sociais, tanto dos maiores como dos nenos, nun entorno de aprendizaxe aberto e natural.
Moitas GRAZAS a todos por vir, e tamén e sobre todo a Pepe Gándara e a Pilar Cabrera por compartir o seu saber, por amosarnos o noso patrimonio.
Agardamos vernos pronto noutra excursión interxeracional!
 
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias