Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 19/12/2023 | No Ceip Rosalía de Castro

Estivemos no Ceip Rosalía de Castro

Falando co alumnado de 4º sobre o Nadal

19/12/2023 | Xinzo de Limia

Esta pasado luns, 18 de decembro, estivemos no Ceip Rosalía de Castro. A Rosa, o Óscar, o Manuel acompañados pola Elena e o Toño. Recibiramos o convite de virmos algunhas persoas do Centro de Inclusión Lodoselo para falar co alumnado sobre estas vindeiras festas e todo o que as rodea. Para pasar un anaquiño de tempo xuntos, para amosarlle outra realidade...
Isto xa foi motivo para traballarmos coas nosas lembranzas; como recordamos aquel Nadal de cando eramos nenas e nenos... Sesenta, setenta, oitenta... anos atrás. E falamos das comidas habituais ou típicas de entón, dos xoguetes, de ir cantar os Reis, dos agasallos...
Chegou este día e resulta que algunhas das persoas que ían participar nesta actividade non puideron vir. Nin a Sra. Asunción, nin os Sres. Miguel ou Manuel... Pero viñeron outros ó Centro educativo. E fómoslle contestando ás preguntas que nos ían facendo. E dende a perspectiva actual de nenas e nenos de 9 e 10 anos preguntaron polos adornos, a árbore do Nadal, a roupa, os doces, as uvas, que se facía despois de cear, se coñeciamos ó Papá Noel...   
Graciñas por contar con nós. A Rosa, o Óscar e o Manuel, como embaixadores do noso Centro, pasaron ata, nalgún momento, moitos nervios... A preocupación de non facelo ben... Pero sobre todo queda o recordo (con agasallo incluído; graciñas polo detalle) desta vivencia, da convivencia, dunha mañá diferente, dun tempo compartido. Moitas grazas.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias