Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 20/04/2024 | Marca a X Solidaria na túa declaración da renda e úneste á nosa causa!

Marca a X Solidaria na túa declaración da renda e úneste á nosa causa!

20/04/2024

Sabías que con só marcar un cadriño podes contribuír a cambiar vidas no noso rural? No C.D.R. O Viso, levamos a cabo diversos programas que abarcan desde a infancia ata a vellez, ofrecendo servizos vitais e promovendo a inclusión en todas as etapas da vida cos bos coidados como base.
Coa túa axuda, podemos seguir ofrecendo servizos de proximidade, actividades comunitarias, apoio á inclusión, loita contra a violencia de xénero e coidados aos nosos maiores. Cada X Solidaria marca a diferenza, permitíndonos chegar a máis persoas, apoiar a máis comunidades e construír un futuro máis xusto e equitativo para todos.
Non subestimes o poder dunha pequena marca na túa declaración da renda. Xuntos, podemos transformar vidas e facer do noso rural un lugar mellor para todas/os. Marca a X Solidaria e síntete parte do cambio hoxe mesmo!  #XSolidaria #TransformandoVidas #RendaSolidaria

 
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias