Repositorio de experiencias
Aya (SVE)
"Unha voluntaria exipcia no CDR O Viso"
24/05/2021
"
Desde hai uns meses contamos cunha nova incorparación ó CDR. É Aya, quen a través do SVE ( Servizo de Voluntariado Europeo) está na Limia como voluntaria do CDR O Viso. O SVE é un programa para xente nova entre 18 e 30 anos. O programa cobre todos os custos e brinda unha experiencia que che permite colaborar cunha organización no seu labor e mellorar as túas habilidades.
Esta é a presentación que nos envía Aya ó pedirlle que a fixese para este apartado de testemuños que temos na nosa web. Moitas grazas.
Ola todos, chámome Aya, son exipcia. Hai case 3 meses que estou en España. Son profesora de Francés. No meu proxecto, traballo cos nenos e os maiores. Cada vez, aprendo moitas cousas. O meu proxecto é moi interesante porque me permite coñecer a outras persoas sexa cal for a súa cultura, o seu medio social e o seu idioma. Vivo unha experiencia moi boa.
https://www.laregion.es/articulo/a-limia/egipto-lodoselo-sueno/202105251920171032802.html
"
Arquivado en:
Voluntarios/as