Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 12/03/2024 | En Comunidade Sandiás

Lecer saudable co CDR O VISO e o Concello de Sandiás

En comunidade: coñecendo o patrimonio

12/03/2024

O sábado 16 de marzo terá lugar a actividade “En comunidade: coñecendo o patrimonio de Sandiás” organizada polo CDR O VISO en colaboración co Concello de Sandiás. Farase un roteiro polo patrimonio medieval da zona visitando o “camiño dos cabaleiros” e a Torre do Castro, e trasladarémonos despois á época da fidalguía visitando o Pazo do Telleiro e o Pombar.
Encádrase no programa COÑECER, SENTIR E VIVIR SANDIÁS EN CINCO ROTEIROS proposto pola Concellería de Cultura. Será o sábado 16, ás 16h e o punto de encontro diante do edificio do Concello de Sandiás.
A actividade “En comunidade: coñecendo o patrimonio” é a continuación dos sábados en familia dos anos anteriores, e pretende fomentar un lecer saudable na comarca da Limia e arredores, poñendo en valor o patrimonio natural, arquitectónico, arqueolóxico, etnográfico… e, sobre todo, o patrimonio humano.
Esta acción enmárcase no Programa “Familia e Comunidade” e está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia na subvención destinada á realización de programas de interese social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.

 
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias