Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 13/11/2023 | Banco de alimentos 1

Acudimos ao Banco de Alimentos de Ourense para recoller a segunda fase do Programa de Alimentos Europeos

Con prestacións, sen máis, non dignificamos ás persoas.

13/11/2023

A boa nova é que o pasado venres, 10 de novembro, persoal do CDR “O Viso” acudimos ao Banco de Alimentos de Ourense para recoller a segunda fase do Programa de Alimentos Europeos enviados dende o Fondo Europeo de Axuda ás Persoas máis Desfavorecidas (FEAD). Este programa recibe financiación dos países da Unión Europea para proporcionar alimentos e/ou asistencia material básica ás persoas que máis o precisan. A mala nova é que seguimos facendo isto, unha e outra vez, e a situación non vai a mellor. Porque sabemos que con prestacións, sen máis, non dignificamos ás persoas.
Estas axudas supoñen un empurrón vital para moitas persoas que debido a diferentes situacións particulares que lles tocou vivir, sumado ao encarecemento xeral da vida, resúltalles complicado poder satisfacer por completo unha das necesidades máis básicas como é a alimentación.
Dende o CDR “O Viso” traballamos de forma integral coas persoas que se atopan en situación de vulnerabilidade, ofrecéndolles o apoio e as ferramentas que precisan para que sexan capaces de reverter a súa situación e conseguir unha vida o máis autónoma e normalizada posible.
Queremos agradecer a todas as persoas involucradas a grandísima aportación que estas iniciativas supoñen para entidades como a nosa, e sobre todo para as persoas que atravesan unha situación de vulnerabilidade. En especial, agradecer ao Banco de Alimentos de Ourense (BAO) a enorme labor que fan organizando e repartindo todos os alimentos da provincia de Ourense, e tamén agradecer enormemente a Concesionarios MERCEDES-LOUZAO a axuda desinteresada que proporcionan á nosa entidade coa cesión dunha furgoneta cada vez que precisamos acudir a recoller alimentos.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias