Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 05/05/2024 | FSE+ de inclusión social, garantía infantil e loita contra a pobreza 1

Enriquecendo as condicións de posibilidade

O noso programa estatal FSE+ de inclusión social, garantía infantil e loita contra a pobreza

05/05/2024 | A Limia

O noso programa estatal FSE+ de inclusión social, garantía infantil e loita contra a pobreza (2021es05sfpr003), impulsado por COCEDER arrancou a súa intervención directa no mes de febreiro do 2024.
Nestes intres, un total de 19 persoas participantes están sendo acompañadas por un equipo formado por profesionais do traballo social, orientación laboral e psicoloxía, nos itinerarios integrais contra o despoboamento rural e a prol da inclusión social.
Traballamos por un apoio integral da familia, acompañando no seu proceso de mellora persoal, social e laboral a persoas adultas, mocidade e nenas e nenos.
Dispoñemos dun amplo catálogo de formación gratuita en plataforma e learning á que se pode optar se es participante do programa.
Este programa está cofinanciado pola Unión Europea, para promover a #inclusiónsocial das persoas que se atopan en situación ou en risco de exclusión social, mediante o seu desevolvemento persoal, social e laboral e polo Programa Integral de Intervención Comunitaria no medio rural da Xunta de Galicia, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades, xestionado pola Consellería de Política Social e Xuventude.
Para máis información podes achegarte ata as nosas oficinas na rúa Ladeira, 21 en Xinzo de Limia ou contactar con nós no 988 46 15 71.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias