O noso traballo >  

O noso traballo

A.3- Aula da Natureza

  • Educación ambiental como inmersión na realidade
  • Dende - Ata: 24/01/1994 - Actualmente

No noso quefacer queremos transmitir que moito máis que a experiencia da natureza é a experiencia da comunidade a clave en Educación Ambiental. Participar, axudar, colaborar, contribuír, intervir... Non é cuestión de tratar o medio coma unha entidade disociada das persoas: non separar o humano do medio.


Educación Ambiental como educación sobre o medio, no medio e para o medio. Educación Ambiental como inmersión na realidade, que recolla tamén aspectos subxectivos e vivenciais. Non nos conformamos co obxectivo do coñecemento do medio; perseguimos unha implicación afectiva. Non enfocar só o medio para sacralizalo (no sentido de admiralo) ou descontextualizalo, fragmentalo (non é un museo onde o importante sexan os obxectos). O noso empeño dinamizador é favorecer a aprendizaxe concibindo o Medio como educador total. Educación como “Saber,” como capacidade de comprender a realidade, de intervir nela, de vivir en harmonía cun mesmo, cos demais e coa natureza.


É así como tratamos de incorporar as actividades agrícolas e gandeiras vencelladas ós oficios de sempre, de relación social co medio.  

Hosting por dinahosting.

banner

Materiais relacionados
Vídeos

Imaxes
  • 1 de 1