O noso traballo >  

O noso traballo

A.4- Ed. Infantil Familiar na Limia

  • Unha contribución á parentalidade positiva
  • Dende - Ata: 03/11/2015 - 31/10/2022

O CDR O Viso incorpora un novo programa de Educación Infantil Familiar ó seu proxecto de desenvolvemento integral na comarca da Limia. Abrangue:
- Un servizo socioeducativo de apoio ás familias coa posta en marcha de espazos de encontro educativos. Encontros semanais ou quincenais que potencien una parentalidade positiva nos que participarán as familias e as crianzas e una profesional do CDR. Unha persoa educadora, animadora, mediadora de interaccións entre adultos e nenos, promotora de reflexións educativas sobre estilos e pautas de crianza.
-  A creación dunha rede de apoio familiar e atención individualizada para familias e levado polas mesmas familias “ACOUGO”: especialmente para aquelas sen apoios familiares, que precisen contar con alguén para coidar da súa crianza durante algúns momentos puntuais; poderase así axudar a estas familias a conciliar vida familiar e laboral. 
   Isto que veu facendo Preescolar na Casa desde 1977 –na Limia desde 1985- ata 2012.
Constantando que segue sendo una necesidade contribuír á formación de nais e pais para axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos seus fill@s, retomamos aqueles obxectivos:
- Crear unha concienciación da importancia do papel da familia á hora de apoiar o crecemento e desenvolvemento do nen@, reforzar ou modificar actitudes, crenzas e prácticas de crianza.
- Contribuír a crear na sociedade unha cultura da Educación Infantil Familiar e ao desenvolvemento da cultura e da lingua galega.

Hosting por dinahosting.

banner

Materiais relacionados
Documentos

Vídeos

Imaxes
  • 1 de 3