Accesibilidad

Noticias 

© EL ASOMBRARIO & Co Público | 30/04/2024 | LOGO EL ASOMBRARIO & Co Público

Que a residencia de maiores sexa o pobo enteiro

Artículo de Javier Rico no EL ASOMBRARIO & Co Público

30/04/2024

Hoxe o Google Alertas sorprendeunos con isto:
“Que a residencia de maiores sexa o pobo enteiro, entendido non só como espazo físico, senón tamén humano. É dicir, que se forme unha comunidade de coidados para que as persoas maiores envellezan nos seus pobos, e se é posible nas súas casas, de forma activa e saudable, rodeadas da veciñanza de toda a vida. Non é unha utopía. Isto xa se practica en varios puntos de España.”
“España conta cunha Estratexia estatal de desinstitucionalización, que está previsto que se poña en práctica este ano e cuxo obxectivo principal é pasar dun modelo de coidados baseado na atención asistencial de persoas en institucións, por exemplo as residencias de maiores ou centros para nenos, nenas e adolescentes tutelados, a outro de atención comunitaria e personalizada, onde as persoas poden elixir onde vivir e facelo integradas na súa comunidade”.
Comunidades de Coidados está dentro dos 20 proxectos piloto da Plataforma VIDAS. Esta iniciativa do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 baséase no Plan de choque para a economía dos coidados e reforzo das políticas de inclusión do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España. Aínda que non todas parten do medio rural, moitas o teñen en conta. Biocuidados. Novos modelos de coidados prestados pola comunidade, centrados na persoa en contornas rurais é un deses 20 proxectos piloto. Está coordinado pola Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (Coceder) e nel participan 19 destes centros de sete comunidades autónomas. Un deles é o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso en Lodoselo (Ourense). Carmen Bohórquez, coordinadora de O Viso, afirma: “Desde hai moito tempo temos presente que os coidados no medio rural teñen que estar adaptados ás persoas que viven nel, co obxectivo de que sigan vivindo na súa comunidade o maior tempo posible, atendendo ás súas necesidades e cunha boa calidade de vida”.
Podes ler o artigo enteiro picando na ligazón que aquí poñemos.
https://elasombrario.publico.es/objetivo-que-la-residencia-de-mayores-sea-el-pueblo-entero/
EL ASOMBRARIO & Co é unha revista dixital independente sobre Cultura e Medio Ambiente asociada a diario Público. Desde o 12 / 12 de 2012
Público é un xornal dixital de España, editado en español e pertencente a Display Connectors, cuxo accionista maioritario é Toni Cases. Edítase na internet mediante a web de noticias xerais Público.es,  aínda que desde a súa fundación en setembro de 2007 e ata febreiro de 2012 tivo unha versión impresa.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias