Accesibilidad

Noticias 

© Arredor do Rural e USC | 18/04/2024 | Aprendizaje Servicio y Agenda 2023 USC

Obradoiro de Aprendizaxe Servizo e Axenda 2030 para entidades

18/04/2024 | Lodoselo

O Servizo de Participación e Inclusión Universitaria da USC e o grupo de traballo de coordinación interna da Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural, están a preparar catro obradoiros sobre aprendizaxe-servizo para colectivos, co obxectivo de que poidamos formular propostas o máis concretas e factibles posibles para logo trasladarllas ao profesorado potencialmente interesado.

Nestes obradoiros, explicarase como funciona a Aprendizaxe-Servizo, falarase de que tarefas son factibles, daranse exemplos de experiencias (por parte de entidades que colaboraron) e guiarase sobre que graos ou disciplinas poden ser máis interesantes para cada proposta.

É interesante facer o máximo posible para que haxa máis experiencias de colaboración, máis profesorado que estea disposto a que o seu estudantado "pise terra", e unha vía para intentar isto é darlles propostas que vexan realizables e interesantes a nivel de disciplina.

Os lugares e datas son os seguintes:
Lugo -3 de maio
Pontedeume -9 de maio
Lodoselo (Sarreaus) -10 de maio
Compostela -24 de maio

Axendade porque é importante poder estar; manter en movemento as posibles vías de colaboración entre entidades e Universidades.
Este encontro enmárcase dentro das actividades dun convenio que teñen as tres universidades e a Xunta de Galicia, para actividades relacionadas coa Rede Galega de Cooperación Universitaria para o Desenvolvemento.
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias