Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 31/07/2023 | Disfrutando de las fiestas e de las feiras. Biocuidados

Desfrutando das festas e das feiras

Espazos de encontro

31/07/2023 | A Limia

Un dos obxectivos do CDR O Viso é fortalecer a vida en comunidade; por este motivo, tratamos de favorecer a creación de vínculos e redes de apoio, xa que a soidade non dexesada é un dos grandes males da sociedade, que xera outras dificultades e necesidades. Sempre coa perspectiva, xa vella (Marco Aurelio, sec. II), de que a nosa capacidade para influír sobre a conduta dos demais é a que é; o que si temos é moita capacidade de influír sobre  a nosa. Así que valoramos a importancia de contemplar e gozar de todo o marabilloso que está ó noso alcance, que é moitísimo. Son momentos. A vida. E compartilo. Nisto seguimos.

Por este motivo, aproveitamos por exemplo, a primeira feira do mes de xullo en Xinzo para xuntarnos con algunhas persoas participantes no proxecto #Biocoidados; desfrutamos dun agradable paseo polo mercado e dun café ó aire libre no Parque do Toural. E deste encontro xurrdiu a idea de volvernos ver o día 17 de xullo, para celebrar as Festas de Santa Mariña cun café na Praza Maior. E así imos tecendo...

Estes espazos de encontro, propician a interacción, a cohesión e a confianza grupal dunha forma natural, favorecendo asi outras xuntanzas esporádicas nun futuro, esperamos, sen a necesidade da intervención de profesionais. 

«Estas actuacións enmárcanse no proxecto BIOCOIDADOS: NOVOS MODELOS DE COIDADO PRESTADOS POLA COMUNIDADE, CENTRADOS NA PERSOA, NAS CONTORNAS RURAIS; está vinculado ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, da Secretaría de Estado do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, e financiado pola Unión Europea- Next GenerationEU.»

Arquivada en:
Infórmate > Noticias