Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 04/07/2023 | Asociación Inserta de la Fundación ONCE y CDR O Viso

Pequenos xestos que dan lugar a grandes cambios

Asociación Inserta da Fundación ONCE e CDR O Viso

04/07/2023 | A Limia

Dende o CDR contribuímos a achegar os servizos ás persoas, polo que, na elaboración do plan de vida dun dos participantes de Biocuidados xurdiu a idea de establecer contacto coa Asociación Inserta da Fundación ONCE. Desde Inserta traballan para a formación e inserción laboral de calidade das persoas con discapacidade, promovendo deste xeito a súa autonomía.
Tras varios contactos telefónicos, o pasado xoves 29 de xuño, Roberto, técnico de orientación da asociación, desprazouse ata Xinzo para atender tanto ao participante de Biocuidados, como a persoas con discapacidade ou diversidade funcional da contorna que non podían desprazarse ata Ourense. Para as entrevistas instaláronse nunha das aulas da casa da cultura de Xinzo que o CDR ten cedida polo Concello para outro dos seus proxectos (FAIN, Familia e Infancia).
Agradecemos enormemente a Roberto que viñese ata aquí; esperamos que de forma conxunta poidamos seguir chegando a todas aquelas persoas que o necesitan, que por diversos motivos non teñen a posibilidade de realizar grandes desprazamentos. Porque estes pequenos xestos son os que dan lugar a grandes cambios.
Biocuidados é o proxecto piloto que executamos traballando pola promoción de novos modelos de coidado prestados na comunidade, centrados na persoa, en contornas rurais; está vinculado ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, da Secretaría de Estado do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, financiado pola Unión Europea cos fondos Next Generation.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias