Noticias
© CDR O Viso | 21/08/2019 |
Visita á granxa de vacas de Paco, en Lodoselo.
A importancia do contacto cos animais do noso rural.
21/08/2019
Hoxe saímos cas nenas e cos nenos do Concilia no Verán á granxa do Paco. Alí, moi amablemente, recibíronnos Manuel e Paco onde nos mostraron as instalacións da granxa e ademais, explicáronnos paso a paso como se obtén o leite.
Os nenos e as nenas poideron estar en contacto cos becerros, as vacas e aprender todo o traballo que se fai nunha granxa. Estiveron moi atentos/as ás explicacións e fixeron moitas preguntas.
Moitas grazas aos irmáns Manuel e Paco por adicarnos un anaquiño do seu tempo!
Aquí vos deixamos unhas imaxes do día!
Arquivada en:
Infórmate > Noticias