Axenda de actividades
© CDR O Viso | 07/06/2018 | Cartel encuentro
Encontro de familias de Educación Infantil Familiar
O venres 15 de xuño
15/06/2018 - 15/06/2018 | Lodoselo
O próximo venres 15 de xuño terá lugar en Lodoselo o Encontro de Familias participantes no programa Educación Infantil Familiar. Como peche do curso 2017-2018 xuntarémonos pola tarde para amasar o pan no forno comunitario, dar un paseo no burro Fariñeiro, darlle de comer ós animais, pintar, facer xogos populares, xogar con pompas de xabón e plantar unha árbore autóctona. Finalmente compartiremos unha merenda onde non han de faltar cancións e rodas populares.
É o fin de curso dun programa que se retomou no ano 2015 para continuar a labor desenvolvida por Preescolar na Casa e do que se teñen beneficiado máis de duascentas familias da comarca da Limia. No curso 2017-2018 participaron familias dos concellos de Trasmiras, Sarreaus, Baltar, Sandiás, Cualedro e Xinzo de Limia.
Con este encontro familiar, ademais de dar remate ó curso, queremos pór en valor o rural, a necesidade de coñecer e manter a nosa cultura e as infinitas posibilidades de aprendizaxe e xogo que nos ofrece para persoas de todas as idades.
Lugar de celebración:
Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades