Accesibilidad

Noticias 

© A. Implícate | 29/11/2023 | Patio reitoral

Pregoando un proceso de transformación do que ti xa formas parte

Xerando oportunidades

29/11/2023 | A Limia

O 27 de outubro tivemos en Lodoselo gravando a un equipo amplo de xente enviados por COCEDER e a unha persoa (Javier) enviado por AGADER. Vaia coincidencia!!!
Do traballo de Javier xa vimos algunhas imaxes o día da entrega dos premios da Axencia de Desenvolvemento Rural en Santiago. A maiores, parece ser, que nos entregarán un vídeo promocional a partires das imaxes que tomou aquel día. Foi un agasallo pasarmos xuntos aquel anaco da mañá. Graciñas por tanta sintonía.
O amplo equipo que enviou COCEDER capitaneado por a Jessica pasou aquí toda a xornada. Son a Axencia Implícate que traballa para ONG e empresas con propósitos sociais e transformadores; porque cren no poder das ideas para mellorar a nosa contorna. Contaron ademais de todos nós coa Miriam (do equipo de comunicación do CDR ) para procurarlles localizacións, etc. como especialista nese tipo de traballos.
Hoxe traémosvos aquí este anuncio (froito daquel traballo no que ademais do CDR O Viso, tamén gravaron no CDR Portas Abertas e no CDR Almanzor, Ávila). Vídeo que estamos divulgando a través das redes e dos medios de comunicación. Arranca con imaxes de Lodoselo e conta con algunhas outras da nosa actividade diaria. 1 minuto no que condensar o traballo de días de gravacións! Graciñas por visibilizarnos.
Neste lanzamento a mensaxe é: Queremos seguir outros 40 anos xerando oportunidades nas zonas rurais. Pero queremos que sexan máis e mellores. Por eso comezamos un proceso de transformación dixital profundo do que queremos que formes parte   #GenerandoOportunidades
O Programa de #TransformaciónDigital para o desenvolvemento integral do medio rural está promovido por Coceder vinculado ó Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Secretaría de Estado de Dereitos Sociais do Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030 e financiado pola Unión Europea con fondos #NextGenerationEU.
https://fb.watch/oDovzM9Ypm/

Arquivada en:
Infórmate > Noticias