Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 11/09/2023 | Olimpiadas 2023

Vémonos nas III Olimpíadas Rurais Interpobos da Limia!

Orgullo e gratitude coa resposta das veciñas e veciños

08/09/2023

A pesar do día, do estado atmosférico que a todas luces, de entrada, ía incidir negativamente nun evento ó aire libre, este primeiro sábado de setembro tivemos a sorte de vivir unha xornada de xogo, convivencia, competición e comunidade, que bateu récords de participación.
Porque cómpre ter moita forza, empeño, ilusión e seguir adiante ante unha xornada que se presentou coma un día de outono chuvioso e escuro. E ir máis aló desta continua infantilización que describe o sol e o calor coma bo tempo e o ceo cheo de nubeiros e a chuvia coma o contrario. Poderían aforrar os cualificativos e obxectivar a información: tempo seco, ou chuvioso, ou ventoso, ou frío, ou o que sexa sen máis subxectividades a todas luces desaxeitadas.
Así que a pesares das predicións que alentaban a quedarmos na casa, constatamos a consideración, o entusiasmo, a militancia que compromete, que se vive coma unha esixencia. Co empeño de transformar a realidade
Non podemos sentir outra cousa que non sexa orgullo e gratitude coa resposta das veciñas e veciños que se achegaron ó Toural, para competir, ver e compartir. Así coma coa colaboración dos clubes, entidades e negocios locais do ámbito do deporte.

Organizadas polo CDR O Viso en colaboración co Colectivo RAS, esta actividade enmárcase, nesta edición, no Programa Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, polo que conta co financiamento da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia; tamén coa colaboración do Concello de Xinzo de Limia.


Vémonos nas III Olimpíadas Rurais Interpobos da Limia!

https://www.facebook.com/oviso.cdr/videos/852390956485182

Arquivada en:
Infórmate > Noticias