Accesibilidad

Axenda de actividades

© Xunta de Galicia | 09/09/2014 | Concerto de fados en galego

Os sons do Vento que Pasa

Concerto de fados en galego

13/09/2014 - 30/09/2014 | Lodoselo

Este concerto de fados en galego para público de todas as idades é boa mostra de que calquera tipo de música se pode facer na lingua propia de Galicia. As cantigas, acompañadas de guitarra eléctrica e de pedal de loops, así como de sedutores xogos de iluminación, gardan o seu encanto orixinal, pero gañan unha dimensión contemporánea e singular que seduce tanto os mozos coma os non tan mozos. Deste xeito, o espectador mergulla nun universo rítmico e melódico que viaxa do divertimento á nostalxia, do rock á canción de amor, do pop á música tradicional, sen nunca deixar de ser fado.
Os sons do vento que pasa percorrerá 36 concellos da Rede de Dinamización Lingüística dende finais de xuño ata mediados de decembro de 2014.

Lugar de celebración:

Albergue do Pobo escola. Na patio da casa rectoral

Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades