Accesibilidad

Noticias 

© Son D´aldea | 22/08/2016 | Son D´aldea

Participaremos en Son D´aldea

Na mesa redonda sobre educación e mundo rural

22/08/2016 | Santiago de Albá, Palas de Rei, Lugo

Son d’Aldea é unha actividade dinamizadora da cultura rural que procura amosala, proxectala e dignificala a través dunha xornada de participación activa das persoas que se acheguen a Albá (Palas de Rei, Comarca da Ulloa) nesa xornada festiva.Trátase dunha aproximación ás coordenadas sociais e culturais do rural no pasado, e dunha reflexión sobre novas vías de ruralidade no presente.

PROGRAMA DO VENRES 2 DE SETEMBRO
1700h Mesa redonda sobre educación e mundo rural
Nesta sexta edición de Son d’aldea adicarase o encontro científico a pensar o papel que xoga a Educación no Desenvolvemento do Medio Rural, é dicir, o impacto, retos e desafíos que a educación, entendida como algo máis extenso que a simple escolarización ou instrución escolar, ten na proxección do desenvolvemento comunitario, nas dinámicas socioculturais que se veñen xerando e, en definitiva, nos procesos de mudanza nos que a educación, como unha dimensión máis do campo do social, é esencial para entender as transformacións dos mundos rurais.
Moderan: Santiago Prado (Universidad Internacional de La Rioja – España) e Xerardo Pereiro (Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, – CETRAD- Portugal)
Participantes: Prof.a Dr.a Julia Varela (Catedrática de Socioloxía da Universidade Complutense de Madrid); Prof. Dr. Américo Nunes Peres (Catedrático de Educación da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro – Portugal); Dr. António Rodríguez Corbal (Portavoz do Centro de Desenvolvemento Rural “O Viso” – Lodoselo – Sarreaus – Ourense)
2000h Pepe Penabade “O Afiador“
2100h Cea/encomenda con produtos de Aldea

http://sondaldea.galiciasustentable.org/reserva-a-tua-praza/condicions-de-reserva/
INSCRICIÓNS EN WWW.SONDALDEA.COM

Arquivada en:
Infórmate > Noticias