Axenda de actividades
© CDR O Viso | 25/09/2017 | Cartel
Constrúe o teu futuro
Orientación sociolaboral para a xuventude
01/01/2019 - 31/12/2019 | A Limia
“Constrúe o teu futuro” é un proxecto de continuidade a través do cal queremos fomentar a activación da xuventude limiá en risco de exclusión social a través de accións de orientación e animación sociolaboral e formativas, baseándonos nalgúns dos obxectivos da Estratexia Europa 2020 como a sosteñibilidade e a innovación.
O obxectivo xeral é promover a empregabilidade da mocidade limiá mediante o empoderamento e potenciación dos seus recursos persoais.
Os obxectivos específicos:
. Crear un espazo de conversa e aprendizaxe sen tabús.
. Traballar as habilidades sociais e a resolución de conflitos
· Potenciar autonomía da mocidade para a procura da formación, busca de emprego e desenvolvmento social a distintos niveis.
· Conectar as aprendizaxes informais co futuro laboral da mocidade.
· Tecer sinerxias entre o sistema educativo formal e non formal, co resto de axentes socioeducativos da comarca potenciando a empregabilidade da mocidade.
As accións que se están realizando para conseguir este obxectivos son:
1. Orientación laboral individualizada
2- “ACTIVA+!” obradoiros de animación sociolaboral en grupo
3- Actividades de activación sociolaboral nos Institutos de educación secundaria da comarca.
4- Espazo Amigable: servizo de información e asesoramento para a mocidade
Proxecto subvencionado pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social - Xefatura Territorial do Servizo de Xuventude e Voluntariado - Orde do 28 de decemebro de 2018 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas na programa Iniciativa Xove durante o ano 2019
Lugar de celebración:
Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades