Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 02/12/2022 | Equipo de Biocuidados en Codos

Sete persoas do CDR O Viso participaron no encontro de Biocoidados

En Codos (Zaragoza)

02/12/2022

Os pasados días 29 e 30 de novembro, a localidade aragonesa de Codos (Zaragoza) acolleu un encontro, organizado por COCEDER cos centros de desenvolvemento rural asociados ao proxecto #Biocoidados, co CDR Grío de anfitrión.
O equipo do CDR O Viso que viaxou e preparou a participación neste encontro formárono 7 persoas: Guadalupe, Elena, Antía, Aine, María, Alba e Patricia.
O propósito de Biocuidados é innovar a través da experimentación compartindo un proceso de traballo en rede e en redes, para crear un novo modelo de servizos ás persoas no medio rural baseado na atención integral centrada na persoa, na intervención profesional e na comunidade. O cambio de modelo vai permitir dispoñer dunha ferramenta propia do medio rural, fronte a outra, a actual, non pensada para o noso medio.
Coa participación de máis de 80 persoas e co propósito de reforzar a colaboración, aprendemos, compartimos éxitos e aprendizaxes e reforzáronse os conceptos de innovación implícitos neste programa. O día 29 Ricardo Molero Simarro, director do gabinete da Secretaría de Estado de Dereitos Sociais, realizou un vídeo presentación a modo de apertura institucional do encontro e o día 30 as persoas asistentes puideron escoitar a conferencia inspiradora de Gorka Epiau Idoiaga, director de Agirre Center. Dúas xornadas que posibilitaron un rico espazo de formación e reflexión. Axudándonos a enfocar a nosa mirada cara cada persoa e cara á comunidade organizada e a súa acción transformadora no ámbito dos coidados.

Este proxecto está vinculado ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Secretaría de Estado de Dereitos Sociais do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e financiado pola Unión Europea con fondos NextGenerationEU.

https://www.coceder.org/coceder-organiza-un-encuentro-en-codos-con-sus-centros-de-desarrollo-rural-implicados-en-el-proyecto-biocuidados/
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias