Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 01/09/2022 | Concilia 2022

Acabou agosto e con el remata o noso programa de Concilia Verán

01/09/2022 | Lodoselo

Chegou o 31 de agosto -o Día Internacional da Solidariedade- en honor ó movemento social polaco, un dos tantos responsables da caída do muro de Berlín. O seu máis coñecido dirixente, Lech Walesa, Premio Nobel da Paz, decía que só na medida en que todos nos axudemos e traballemos por unha causa común que proporcione o maior benestar a todos, nesa mesma medida viviremos nun mundo moito máis pacífico, enriquecedor e próspero para cada nación, pobo ou individuo. 
Si, chegou o 31 de agosto e con el o remate do noso programa Concilia de Verán 2022. Durante os dous meses de verán pasaron un total de 95 rapaces por Lodoselo, foron meses de emocións, aventuras, reencontros e sobre todo novas aprendizaxes para tod@s.
En primeiro lugar, queremos dar as grazas a todas e cada unha das familias que confiaron en nós un ano máis.
Mención especial para Pili e Eloi que nos acollían cada martes na nosa horta comunitaria do Centro de Inclusión e xardín sensorial onde adquirimos moitas aprendizaxes sobre a agricultura ecolóxica, fixemos aceite de hipérico, aceite de caléndula, bálsamo labial, recollemos sementes… e moitas actividades máis.
E non podemos esquecernos dos nosos maiores que nos acompañaron cada día tanto os da Vivenda Comunitaria “A túa outra casa” como os que acoden o Centro de Inclusión Lodoselo; eles foron os claros protagonistas deste Concilia xunto cos rapaces de cada quincena creando momentos e vivencias preciosas que serán obxecto de recordo para todos nós.
Moitas grazas a todas as persoas que fan que  isto sexa posible. Ás educadoras que levaron o peso do Concilia: Estela, Uxía, Paula, Anabel... E as intervencións puntuais de Rosa, Camilo, Darío e Rosa (granxa Ribeiriño), Alberto... e veciñanza do pobo. Ata o vindeiro verán.

https://youtu.be/b207DsCKH4A

Arquivada en:
Infórmate > Noticias