Infórmate > Noticias 

Noticias 

Chegou agosto e novos/as nenos/as ao Concilia de Verán
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

06/08/2021 | Lodoselo

Coñecendo novos saberes

1 de 5

No CONCILIA DE VERÁN durante os meses de xullo e agosto traballamos a prol da conciliación real da vida persoal, familiar e laboral das familias da comarca da Limia a través de actividades socioeducativas dirixidas a nenas/os de 3 a 12 anos.

Dende o C.D.R. “O Viso” cremos que “o que é necesario é posible e ademais realizable” e dende os nosos inicios, levamos planificando actividades socioeducativas, tamén en períodos vacacionais, onde poñemos en valor a contorna natural e social (Lodoselo), o sentir comunitario (veciñas e veciños) e a vivencia interxeracional (coas persoas maiores da vivenda comunitaria “A túa outra casa" e das persoas que acoden tódolos días ao Centro de Inclusión).

Xa entramos no mes de agosto, e vai quedando menos para rematar o Concilia de Verán pero nós seguimos gozando de Lodoselo; das veciñas/os que tódolos días nos dan un “bos días rapaces/as”; de Eloi e Pili por cada martes deixarnos ir á horta a regar ademais de ir apañar verzas para logo darlle de comer ós animais e recoller os produtos que van madurando (tomates, garabullos...).

E non podemos esquecernos das persoas maiores porque grazas a elas, cada semana aprendemos algo novo e desta volta, no día de hoxe estivemos a facer pan no forno comunitario de Lodoselo; foi unha xornada onde tanto as nenas e os nenos como as persoas maiores gozaron amasando e elaborando os boliños de pan. Aquí vos deixamos algunhas imaxes do ben que o pasamos e da xornada de hoxe na elaboración do pan.

Esta actividade é posible grazas ó financiamento obtido da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da subvención destinada a programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% e a de entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social (2020-22). Ademais tamén contamos coa subvención da Deputación de Ourense dirixida á prestación de servizos sociais.

Arquivada en:

Infórmate > Noticias

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias

Hosting por

Radio Lodoselo

banner

 

        

Boletín
 

 

Mantente informado/a

 

Recibe o noso boletín

Máis info

Acepto a política de privacidade. FUN INFORMADO, ENTENDO E AUTORIZO O TRATAMENTO DE DATOS PERSOAIS

 

 

aceptacookies