Accesibilidad

D.2- Itinerarios Integrais

D.2- Itinerarios Integrais
O teu camiño, o noso apoio

Desde - Hasta: 01/02/2013 - Actualmente

A través dunha metodoloxía baseada na atención personalizada, adaptada ás necesidades e capacidades de cada persoa, implementamos ITINERARIOS DE INCLUSIÓN SOCIAL E LABORAL. A través dunha diagnose inicial, deséñanse accións específicas que abranguen o desenvolvemento persoal, social e laboral, promovendo a autonomía e a participación activa na comunidade. Este enfoque garante un acompañamento continuo, flexible e centrado na persoa, favorecendo a súa integración e mellorando as súas oportunidades.
 
OBXECTIVOS
•    Contribuír á mellora da calidade de vida das persoas e grupos participantes, mediante un proceso de acompañamento profesional que mellore as competencias sociais e laborais  de cara á busca de emprego e á mellora persoal:
•    Mellorar as habilidades sociais e potencialidades persoais para a busca de emprego.
•    Facilitar un espazo de mellora social.

PROGRAMAS:
RuralemprégaT: enfoque laboral e formativo
Includere: enfoque persoal e social
FSE+: enfoque integral
 
CONTACTO
Para participar neste programa podes solicitar unha cita por teléfono (988461571) ou persoalmente na rúa Ladeira, 21, de Xinzo de Limia.