Accesibilidad

B.2- Centro de día Lodoselo

B.2- Centro de día Lodoselo
O dereito a envellecer cos teus, na túa casa.

Desde - Hasta: 15/06/2012 - Actualmente

O Centro de Día “LODOSELO” é un centro xerontolóxico socio-terapéutico e de apoio ás familias, que durante o día presta atención terapéutica integral e plural ás persoas maiores con dependencia ou en grave risco de padecela. 
 
O obxectivo xeral do Centro de Día “Lodoselo” ´é mellorar a calidade de vida tanto da familia coidadora como da persoa maior, a través dunha intervención dirixida por unha parte a proporcionar unha atención integral á persoa maior dependente e por outra, a ofrecer o apoio necesario á familia coidadora para posibilitar unha permanencia adecuada da persoa maior no seu entorno habitual.
 
Intervención, integración na vida activa da veciñanza favorecendo a participación en tódalas actividades tanto do pobo coma do CDR: actividades interxeracionais (Casa NIño, Pobo-escola, Concilia rural...), dinamización comunitaria, coidado dos animais (aves, ovellas...) e dos espazos (horta, invernadoiro, xardín sensorial...), banco de sementes... Co criterio de sermos parte activa deste noso territorio no que todo nos fala e do que somos parte.
 
Servizos básicos
  • Servizo de manutención: almorzo e xantar.
  • Servizo de hixiene e coidados persoais.
  • Asistencia médica de carácter preventivo
  • Servizo de vixianza
  • Servizo de transporte adaptado.
  • Atención de xeriatría, fisioterapia e de rehabilitación.
  • Terapia ocupacional
  • Atención psicosocial
  • Actividades físicas e lúdicas
  • Servizo de transporte adaptado para o seu traslado ó centro.
Servizos complementarios
  • Servizo de perruquería
  • Servizo de podoloxía
  • Servizo de lavandería
  • Acompañamento a citas médicas
HORARIO:
De luns a venres de 9.00hs a 17:00 hs.
É posible adaptar e individualizar o horario segundo as necesidades das persoas participantes.
Máis información, no teléfono 988461571 - ou no correo electrónico info@cdroviso.org