Noticias
© CDR O Viso | 08/10/2026 | POIG 2026 web
Nova Asamblea da Plataforma de Organizacións da Infancia de Galicia (POIG)
Somos unha das entidades sociais que traballa para que cada nena, neno e adolescente vexa cumpridos os seus dereitos e deberes
08/10/2026
O Martes, 6 de outubro, participamos nunha nova Asamblea da Plataforma de Organizacións da Infancia de Galicia, un encontro que reuniu ás entidades que formamos parte da POIG para facer balance do traballo desenvolvido durante este ano e seguir avanzando na defensa dos dereitos da infancia e a adolescencia en Galicia.
A xornada foi un espazo para compartir aprendizaxes, experiencias e ideas, pero tamén para mirar cara o futuro e coñecer as principais liñas de traballo e iniciativas que a Plataforma ten previstas para os vindeiros anos.
Durante a Asamblea presentáronse as diferentes actividades desenvolvidas ao longo de 2026, facendo un percorrido polo traballo realizado e polos principais avances acadados. Ao mesmo tempo, abordáronse novos retos e propostas para continuar fortalecendo o traballo conxunto das entidades.
Un dos momentos destacados da xornada foi a presentación do Informe sobre os Dereitos da Infancia en Galicia, un material de especial relevancia que permite coñecer mellor a situación actual da infancia e adolescencia no noso territorio e identificar os retos que aínda temos por diante.
Xunto a este informe, tamén se presentaron outros materiais e recursos de interese, que contribuirán a seguir promovendo o coñecemento, a sensibilización e a defensa dos dereitos das nenas, nenos e adolescentes.
A Asamblea tamén tivo un momento especialmente significativo coa incorporación de Cáritas Interparroquial Tui-Vigo como nova entidade membro de pleno dereito da Plataforma.
Celebramos esta incorporación e damos a benvida a unha nova entidade que se suma ao compromiso colectivo de traballar pola promoción e protección dos dereitos da infancia e adolescencia en Galicia. A suma de novas voces e experiencias permite fortalecer o traballo en rede e afrontar os retos actuais desde unha perspectiva máis ampla e colaborativa.
Máis alá dos contidos e materiais compartidos, esta Asamblea foi, sobre todo, unha oportunidade para encontrarnos, escoitarnos e aprender das experiencias das diferentes entidades que formamos parte da POIG. Porque defender os dereitos da infancia require traballo conxunto, coordinación e compromiso. E require tamén lembrar que as decisións que tomamos hoxe teñen un impacto directo na vida das nenas, nenos e adolescentes.
Seguimos sumando voces, creando rede e avanzando cara a unha Galicia na que todos as nenas, nenos e adolescentes poidan exercer plenamente os seus dereitos.
Esta actividade forma parte do programa O NOSO ESPAZO, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF.
Esta actividade forma parte do programa O NOSO ESPAZO, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias





