Noticias
© BreGal | 03/09/2026 | Rural Nova 1
Lodoselo acolle a mozas e mozos europeos para imaxinar o rural no que lles gustaría vivir
O proxecto é Rural Nova e desenvólveo a Asociación Sociocultural BreGal
03/09/2026
Rural Nova é un proxecto financiado polo programa Erasmus+ da UE e desenvolvido pola Asociación Sociocultural BreGal, que busca crear espazos de participación e intercambio entre mozas e mozos de diferentes países europeos para reflexionar sobre o futuro das comunidades rurais e explorar novas formas de participación e transformación destes territorios. BreGal é unha asociación sociocultural con sede en Ourense que traballa nos ámbitos da participación xuvenil, a educación non formal, a mobilidade internacional e o desenvolvemento de proxectos europeos.
Nesta ocasión a actividade de participación xuvenil reúne a 30 mozas e mozos de entre 18 e 30 anos, procedentes de España, Portugal, Francia, Alemaña, Italia e Hungría, que se atopan do 27 de agosto ao 7 de setembro en Lodoselo, aloxados nas instalacións do CDR O Viso.
Ao longo destes días, as persoas participantes están achegándose a diferentes aspectos da vida rural a través dun programa que combina debates, dinámicas participativas, xogos de rol e actividades educativas e culturais. Entre as actividades realizadas inclúense un obradoiro de elaboración tradicional de pan, da man do equipo do CDR O Viso; un obradoiro de identificación e recoñecemento de plantas silvestres, organizado pola entidade Sabores Espontáneos de Celanova; e unha visita guiada á queixería e Ecoespazo de O Rexo, en Allariz.
Un dos momentos centrais do proxecto terá lugar o 5 de setembro, cun encontro entre a mocidade participante e diferentes persoas, proxectos e iniciativas de Galicia vinculados ao desenvolvemento das zonas rurais. Durante esta xornada, estas entidades compartirán as súas experiencias e proxectos cos participantes e dialogarán arredor dunha pregunta clave: Como sería o rural no que aos mozos e mozas realmente lles gustaría vivir?
O obxectivo é conectar as ideas e expectativas das novas xeracións con experiencias que xa están a xerar cambios e a crear oportunidades nestes territorios. Os mozos e mozas poderán coñecer proxectos concretos, formular preguntas, intercambiar perspectivas e descubrir diferentes formas de contribuír ao futuro das súas comunidades. O programa combinará actividades participativas, espazos de reflexión e diálogo e momentos de intercambio, favorecendo a conexión entre mozos e mozas procedentes de diferentes países e persoas con experiencia no desenvolvemento de iniciativas rurais.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias