Noticias
© CDR O Viso | 06/08/2026 | A mirada de Ambrosio volve abrir camiños
A mirada do Ambrosio volve abrir camiños
Inspira un novo comezo para o proxecto Sostendo a Vida en Comunidades Rurais
06/08/2026
Hai ano e medio, o Ambrosio comezou un camiño con nós no marco do proxecto Biocoidados. O que parecía un acompañamento máis acabou converténdose nunha viaxe por Sarreaus, polas súas aldeas, polos seus recordos e polas historias que durante décadas gardou na memoria.
Cada paseo tiña unha escusa: visitar un veciño, reencontrarse cunha amizade, volver a un recuncho especial. Pero cada parada agochaba algo máis. Un forno, unha fonte, unha capela, unha laga... lugares que, vistos cos ollos da veciñanza, deixaban de ser simples puntos nun mapa para converterse en anacos da memoria colectiva.
Daquela naceu "O segredo dos camiños. Baixo a mirada do Ambrosio", un mapa ilustrado do concello de Sarreaus que recolle eses espazos que forman parte da identidade do territorio e que só poden ser descubertos cando alguén se detén a escoitar as persoas que os viviron.
Agora sacámoslle o po ao mapa e volvemos atoparnos con Ambrosio para poñer o broche final aos talleres de envellecemento activo que se están a desenvolver dentro do proxecto “Sostendo a Vida en Comunidades Rurais”.
O reencontro en Freixo foi emocionante, e ao despregar o mapa en Lodoselo e Pazos, deu pé a moitas lembranzas. Ambrosio é unha fonte de inspiración para quen inicia agora este novo camiño. Porque, se algo nos ensinou esta xornada, é que todas as persoas teñen unha historia que contar e un coñecemento que achegar á súa comunidade.
Esta actividade serviu tamén para tender unha ponte entre “Biocoidados” e “Sostendo a Vida en Comunidades Rurais”. Ámbolos proxectos comparten unha mesma maneira de entender os coidados: escoitar ás persoas, recoñecer a súa experiencia e construír, xunto con elas, respostas que lles permitan seguir desenvolvendo o seu proxecto de vida na comunidade.
Con esta actividade despedimos os talleres antes do verán, pero non pechamos unha etapa; ao contrario, abrimos a porta a todo o que está por vir.
Tras o descanso estival comezará unha nova fase do proxecto, na que continuaremos acompañando ás persoas participantes para coñecer as súas historias, descubrir aquilo que dá sentido ás súas vidas e construír, xunto con elas e coa comunidade, os apoios necesarios para que poidan seguir vivindo onde queren e como queren.
Sostendo a Vida en Comunidades Rurais é un programa promovido por COCEDER e enmárcase no programa FSE+ de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza e está cofinanciado por a Unión Europea e o Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 dentro dos programas de interese social, con cargo do 0,7% do IRPF.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias