Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 07/03/2026 | Cartel 8M 2026

As nosas mulleres, o traballo invisibilizado

8M Día Internacional da Muller

07/03/2026

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, que renova diariamente o seu compromiso coa igualdade e co medio rural, acelera a súa acción conforme se achega o 8 de Marzo, día Internacional da Muller. Neste 2026 quixo poñer luz no traballo máis invisibilizado das mulleres da Limia para dotalo do orgullo que merece. Nesta liña colaborou cos seis centros educativos de infantil e primaria máis rurais da Limia. Sandiás, Baltar, Os Blancos, Rairiz de Veiga, Vilar de Barrio e Sarreaus abriron as súas portas para que a Área Educativa do CDR traballase co alumando de quinto e sexto curso dun xeito especial, con convidadas anónimas con moito que contar. Co obxectivo de apostar por poñer en valor o traballo menos visible, ligouse a acción ó libro de cociña SABORES E SABERES, no que participaron trinta mulleres limiás e que se publicou no 2025 editado polo propio CDR. Desta volta, seis mulleres que colaboraran no libro compartindo unha receita senlleira da zona, visitaron outros tantos colexios para transmitir o orgullo de ser parte dunha comunidade rural que as recoñece, cada día máis. O libro reivindica a cociña como algo máis elevado que a alimentación, é unha expresión cultural e comunitaria. Así, nenos e nenas da Limia puideron coñecer de primeira man a experiencia destas mulleres referentes aínda que anónimas ó grande público. O CDR traballa coa infancia e coa mocidade coa firme convicción de que a educación en valores é clave para construír unha sociedade máis xusta, igualitaria e respectuosa.
Esta actividade forma parte do programa DELAS, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7% do IRPF.
 'Mujeres de alto valor. No dejaremos que el pasado avance', la nueva campaña con motivo del 8M.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias