Noticias
© Xulio Conde. Maceda | 12/01/2026 | Xulio Maceda. P K 188 A-52
O Km 188 da A-52
Un pequeno oasis de vida e fraternidade
12/01/2026
A autovía non está só para ir rápido dun lado a outro. Os labreg@s, agricultor@s e gandeir@s da Limia, habilitaron nela un punto antisistema (no Km 188 da A-52) para parar, estar, visibilizar cun acto rebelde a problemática da “sobredose” que sufrimos de normas e burocracias europeas e nacionais desconectadas da realidade e agora, como guinda, o acordo da UE con Mercosur.
Tamén noutros lugares de España (Santander, Tarragona entre as máis sonadas) e noutros países como Bélxica e Francia se manteñen desde hai días unha onda de protestas marcadas por bloqueos de estradas, choques coa policía e o lanzamento de esterco fronte a edificios públicos.
Velaquí o poder da cidadanía: rescatar a política do secuestro na que a teñen os políticos profesionais; reocupar o poder que temos as mulleres e os homes para transformar a realidade cando sentimos que nos pisan, que nos esmagan.
Estar con esta xente (moitas mozas e mozos) á que a terra nos aprende a ser fortes, pero non, nunca, a non sentir é un agasallo que nutre; un pequeno oasis de vida e fraternidade. E aínda que hai moitos indicadores que reflicten que vivir no medio rural só é pracenteiro se non dependes del, tamén sabemos por experiencia que con esforzo e perseveranza chégase; aínda que amodo, chégase, seguro. O realmente importante dicimos no CDR ( con momentos optimistas e pesimistas, estados de ánimo pasaxeiros, como a vida mesma) o realmente importante é a esperanza; como virtude que é temos que cultivala, construíla día a día. Cos pés na terra e o exemplo desta veciñanza limiá celebramos convivir con estas heroínas e heroes que manteñen vivo o noso medio, construíndoa.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias