Noticias
© F. la Caixa | 10/12/2025 | La Caixa 2025 entidade seleccionada
A Fundación la Caixa un referente na atención social
Un ano máis dá valor ó CDR apostando polo rigor, a cercanía e a contribución a unha sociedade máis xusta
10/12/2025
O proxecto “TECENDO REDES. COIDANDO-NÓS” inicia a súa segunda fase a bordo da “Tecedoira”, ampliando a súa ruta pola comarca da Limia grazas á continuidade do apoio da Fundación “la Caixa”. Un ano máis dá valor á entidade e ás persoas que a conformamos apostando polo rigor, a cercanía e a contribución a unha sociedade máis xusta. Cando todo cambia tan rápido unha consecuencia é o incremento da desigualdade. A aposta é por uns valores inestimables: acompañar ás persoas (humanidade), equidade, responsabilidade e perseverancia na actuación para conseguir cambios. E falaremos de progreso, de mellora, se avanzamos todas e todos.
O proxecto comeza esta segunda fase posibilitando que a ruta da “Tecedoira” se estenda a máis aldeas e concellos da comarca da Limia. Grazas a esta axuda, o programa poderá seguir fortalecendo o acompañamento, a vida comunitaria e o benestar das persoas maiores no seu propio territorio.
Nestes primeiros meses, chegamos a dous novos concellos da contorna da Limia. No concello de Porqueira, na aldea de Paradela de Abeleda xa se desenvolveron varias actividades, entre elas obradoiros de plantas medicinais e sesións dedicadas á redefinición do autocoidado, moi ben acollidas pola veciñanza. Pola súa parte, no concello de Sandiás, na aldea de Vilariño das Poldras, iniciáronse os obradoiros de memoria, que continuarán ao longo dos próximos meses..
Con este proxecto quérese, como obxectivo principal promover e fomentar o mantemento das persoas na súa vivenda e contorna habitual a través de servizos itinerantes informativos, de atención básicos, terapéuticos e preventivos, así como de dinamización comunitaria que promovan a autonomía, os hábitos de vida saudable e que eviten o illamento e a soidade non desexada das persoas das nosas aldeas.
En esta nova etapa, TECENDO REDES. COIDANDO-NÓS, e grazas ao apoio da Fundación “la Caixa”, consolídase como unha iniciativa clave para promover o envellecemento activo, a participación social e o dereito das persoas máis vulnerables a permanecer no seu contorno, mantendo a súa autonomía e benestar baixo o lema: Coidarme, Coidarte, Coidarnos.
#ConvocatoriasProyectosSociales #Fundación”laCaixa” #ProyectosSocialesGalicia2024

Arquivada en:
Infórmate > Noticias