Noticias
© CDR O Viso | 07/11/2024 | Limpando o Camiño 1
Limpando o Camiño con Éxito
Explorando a natureza e forxando novas amizades cunha afinidade común polo coidado ambiental
07/11/2024 | Sandiás
O pasado sábado, 2 de novembro, o CDR O Viso en colaboración co Concello de Sandiás organizamos a actividade "Limpando o camiño", na que conseguimos retirar ata 5 kg de lixo.
Cerca de 20 persoas de diferentes puntos da comarca da Limia reunímonos no Novaíño para desfrutar dunha fermosa ruta ao redor do río Piñeira. Realizouse un percorrido guiado polo noso educador ambiental, Andrés Bobe, aproveitando o paseo para falar sobre a importancia do noso patrimonio natural mentres limpabamos o lixo que iamos atopando, deixando así o camiño en mellor estado do que nolo atopamos.
As persoas participantes viviron a experiencia con alegría e ilusión, compartindo anécdotas e opinións, explorando a natureza e forxando novas amizades cunha afinidade común polo coidado ambiental. Ao finalizar a actividade, fixemos unha posta en común sobre os beneficios de estar en contacto coa natureza e reflexionamos sobre por que, a pesar da situación ambiental actual, seguimos tirando lixo no entorno natural sen ningún tipo de remordemento.
Esta iniciativa fomentou a sensibilización ambiental e a interacción entre persoas de distintas idades, contribuíndo ao coidado do medio ambiente e ao envellecemento activo, e potenciando as habilidades sociais tanto dos maiores como dos máis cativos, nun entorno de aprendizaxe aberto e natural.
Moitas GRAZAS a todas as persoas participantes, e tamén ao Concello de Sandiás por colaborar connosco, especialmente a Pilar Cabrera e Pepe Gándara, por compartir o seu saber e amosarnos con moito agarimo o noso patrimonio natural.
Esta actividade está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia no marco da subvención para programas de interese social, grazas ao 0,7% do IRPF, dentro do programa VOLUNTARIADO AMBIENTAL.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias