Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 28/10/2024 | Feira do Mercado Social 2

Estivemos na Feira do Mercado Social coñecendo e mostrando

O CDR xoga no equipo da participación comunitaria

28/10/2024 | Xinzo de Limia

Hai un dito popular que di que “cada un fala da feira según lle vai nela” pero este fin de semana démoslle unha voltiña a esta frase para cambiala do singular ó plural. A I Feira do Mercado Social foi precisamente iso, pluralidade, diversidade, colectividade. É un orgullo sentirse acompañad@ e acompañar na resistencia. É un pracer sentir que que isto é un deporte de equipo no que cada quen desenvolve a súa disciplina e suma puntos á caixa compartida.
Estivemos na Feira do Mercado Social coñecendo e mostrando. O CDR xoga no equipo da participación comunitaria e este acto era un partido importante que se xogaba na casa. De locais vimos como nos visitaban colectivos, iniciativas e persoas moi próximas a nós que agora aínda o están máis. Coñecemos á recua de propostas alí convidadas, xogamos, cantamos, bailamos, comemos, compramos, falamos e rimos nunha xornada completa que tivo un momento especial ó sentarnos arredor dunha mesa e dun café a moitas persoas e axentes implicadas na participación da comunidade para debater sobre os riscos e oportunidades que temos diante dos ollos e os que están por vir. Os equipos non poden instalarse nunha táctica perpetua. Necesítase evolucionar segundo avance o partido así que cómpre ter un repertorio canto máis grande mellor. Nesta feira aprendemos xogadas novas que agora temos que adestrar.
A actividade está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia no marco da subvención para programas de interese social, grazas ao 0,7% do IRPF, dentro do Programa Integral de Intervención Comunitaria no medio Rural.

Arquivada en: