Noticias
© CDR O Viso | 22/10/2024 | Jornada de Ciudadanía Inclusiva “Caminos Compartidos” El Bierzo 3
Migrar como dereito
Participamos no Bierzo, na Xornada de Cidadanía Inclusiva “Camiños Compartidos”
22/10/2024
Acórdome moito do tío Agustín e como presumía de que en Alemania (il dicía /Janofa/) o xefe estaba tan contento con el que xa era o encargado da fábrica e incluso lle encargaba recados de tipo persoal como ir comprarlle cousas para a casa ou facerlle algún arranxo pequeno.
Hoxe o tío Agustín chámase Mustafá e traballa nun almacén de patacas na Limia. O xefe está tan contento con el que xa é o encargado do almacén e incluso lle encarga recados de tipo persoal como ir comprar para a casa ou faille algún arranxo pequeno.
Acórdome moito da tía Olimpia que estaba moi ben vista en Venezuela para onde marchara porque aquí non se podía vivir ben. Primeiro tivo que traballar coidando xente nas casas porque non tiña os papeis ben arranxados pero cando os puxo en regra atendeu unha panadería moitos anos.
Hoxe a tía Olimpia chámase Antonella Gabriela e está moi ben vista na Limia a onde chegou porque en Ecuador non se podía vivir ben. Primeiro ten que traballar coidando xente nas casas porque non ten os papeis ben arranxados pero cando os poña en regra atenderá unha panadería ou un comercio, ogallá que moitos anos.

O venres estivemos en Veiga de Espiñaredo, no Bierzo, na Xornada de Cidadanía Inclusiva “Camiños Compartidos” que organizaron as nosas compañeiras do Centro de Desenvolvemento Rural AFA Bierzo para analizar o binomio “migración-ruralidade” para concluír que ver os movementos migratorios como segunda oportunidade para casas, negocios e terras é un premio engadido ó dereito que teñen as persoas para moverse polo mundo. Antronte fomos nós, os nosos tíos e tías, pais e mais, veciños e veciñas, quen tivo que buscar un futuro mellor lonxe da súa terra e hoxe hai familias que nos escollen para vivir e medra e de regalo, facernos medrar.
Non debemos olvidar nunca as causas das migracións, moitas veces ocultas polas consecuencias e por mensaxes intencionados ou malintencionados. A xente sae das súas terras porque están mal nelas e cumpría pensar un minuto sobre o porque non están ben alí porque ninguén marcha porque si.
A actividade está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia no marco da subvención para programas de interese social, grazas ao 0,7% do IRPF, dentro do Programa de Intervención Integral Comunitaria no rural.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias