Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 05/08/2024 | Na Clamadoira

Encontro interxeracional na Clamadoira

05/08/2024

O pasado martes 30 de xullo, un grupo de persoas participantes do proxecto Biocoidados fomos convidadas polas compañeiras de Cáritas Val do Salas a un encontro interxeracional na Ermida da Clamadoira en Muíños, para coñecernos e pasar o día todas xuntas.
Despois de contemplar as fantásticas vistas da presa das Conchas e o val, acudimos a unha misa dentro da Ermida, cuxa orixe se remonta ao século XVIII e gozamos do precioso retablo no seu interior. As nosas compañeiras de Cáritas tiñan preparado un Photocall no que compartimos uns momentos moi agradables, antes de bailar ao ritmo de bachatas e muiñeiras.
Como a igrexa se ubica nunha espectacular zona recreativa, aproveitamos para cada un de nós aportar algún prato de comida e compartir un xantar ao aire libre, amenizado por cantares populares ao ritmo das pandeiretas.
Agradecer ás compañeiras de Cáritas Val do Salas por esta xuntanza, pois este tipo de actividades axudan a  que se fomente o  sentido de pertenza e  compromiso co grupo, motivándonos a participar de xeito mais activo e regular nas actividades da comunidade, finalidade última do Proxecto Biocoidados.
#Estas accións enmárcanse no proxecto BIOCOIDADOS: NOVOS MODELOS DE ATENCIÓN PRESTADOS POLA COMUNIDADE, CENTRADOS NA PERSOA, EN CONTORNAS RURAIS; está vinculado ao Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 e financiado pola Unión Europea- Next GenerationEU. Promovido pola Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER).

Arquivada en:
Infórmate > Noticias