Accesibilidad

Noticias 

© ASPEA | 09/04/2023 | ASPEA

O CDR nas XXIX Xornadas da Asociación Portuguesa de Ed. Ambiental

Educar para unha xestión integrada dos territorios rurais

10/04/2023 | Manteigas (Garda- Serra da Estrela)

En xaneiro recibimos xa o convite para participar nas XXIX Xornadas Pedagóxicas de Educación Ambiental da ASPEA (Asociación Portuguesa de Educación Ambiental). Estas van ter lugar en Manteigas (Garda/ Serra da Estrela) os vindeiros 14, 15 e 16 de abril co título Educar para unha xestión integrada dos territorios rurais.
A Asociación Portuguesa de Educación Ambiental (ASPEA) nace en 1990 co obxectivo de promover a educación ambiental en Portugal, tanto no campo formal como no non formal. Para iso veu desenvolvendo unha serie de actuacións, realizadas grazas ao traballo voluntario dos seus membros asociados.
Sendo que o CDR O Viso colaborou no ámbito do Proxecto de pos-doutoramento de Sara Carvalho,  “Os sistemas agroalimentares e alterações climáticas nos Equipamentos de Educação Ambiental” (infelizmente interrompido pola pandemia), a proposta que nos fan é achegar unha comunicación que se centre nos seguintes aspectos:
1-Contextualización breve do CDR O Viso, incluíndo a compoñente interxeracional de actividades, e compoñentes de alimentación (ex. pan) e residuos orgánicos/actividades rurais existentes.
2-Percepción sobre a colaboración co Proxecto da Dieta-AC (colaboración co Profesor do IES - fotografías de alimentos que o alumnado fixo; colaboración co nutricionista local para palestra sobre a conexión Alimentación Saudable e Pro-ambiental (feedback dos participantes aínda que xa antes da pandemia); e suxestións para futuro.
Foi hai xa catro anos e son Tomás García e Pablo Vivanco -profesor do IES e nutricionista local, como aparecen referidos na petición que nos achegaron- as dúas persoas que colaboraron neste traballo. Tomás, catedrático, membro da Xunta Directiva do CDR fixera un traballo ben interesante co alumnado do IES Lagoa de Antela a partires de fotografías que reflectían os hábitos alimenticios de diferentes familias en distintos países e aquí na comarca. Pablo Vivanco é nutricionista, Farmacéutico, Óptico e Optometrista, Técnico superior en Ortopedia; xestiona a Farmacia Prieto Vivanco de Xinzo; colaborador do CDR participara e segue a facelo con xornadas de formación: Caldo galego con ou sen ingredientes climáticos? titulabamos unha delas, na que tamén estivera a Sara Carvalho.
As XXIX Xornadas, co seu tema central e os respectivos 4 eixes temáticos (EA na prevención de incendios forestais e restauración dos ecosistemas, EA e Participación Social na valorización dos territorios rurais, EA e modelos de xestión integrada nas estratexias municipais de adaptación ás alteracións climáticas e EA nas prácticas agro forestais como promoción do bosque e combate ao despoboamento), irán ocorrer nun momento especial para o Concello de Manteigas, e pretenden dar unha contribución importante para que acontecementos, como os que ocorreron no verán pasado, non volvan a acontecer – destrución de miles hectáreas de bosque e os efectos drásticos na biodiversidade.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias