Noticias
Participamos no encontro cidadán Rural Cambote
Falemos do que importa
02/04/2023 | Rodeiro
Este pasado sábado, 1 de abril, participamos no "Encontro cidadán Falemos do que importa: Falemos de dereitos no rural Cambote". A xornada coloquio vaise desenvolver no Centro Cultural Manuel Lamazares
Fomos convidados a participar nunha mesa técnica e contar as diferentes áreas de traballo que levamos a cabo dende o CDR O Viso. Unha exposición das Áreas Educativa-Ambiental e promoción das contornas rurais, de Atención á Comunidade: Servizos de Proximidade e de Inclusión Social e Laboral. Estas son xunto coa Área de Información e Participación Social os catro grande bloques nos que englobamos o que facemos.
A xornada contou tamén coa participación da veciñanza de Rodeiro; cunha mesa redonda sobre a experiencia ou espectativas locais e a de un traballador social e unha diplomada en enfermería para reflexionar sobre os servizos sociais e o rural ( necesidades e estratexias); a inclusión social das persoas migrantes e protección da sanidade pública...
Agradecidos por invitarnos a participar, compartimos as nosas utopías realizables, un tempo de escoita, de atención, de aprendizaxe. Porque valoramos o comunicarnos, o incorporar ós demais.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias