Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 15/02/2023 | Pantallazo Aprendizaje-servicio

A aprendizaxe-servizo como metodoloxía no Grao en Publicidade da UVigo

Realización de Plans de comunicación estratéxicos

15/02/2023

Este pasado martes,14 de febreiro, participamos nunha sesión online a través do despacho virtual da Universidade da UVigo da profesora Emma Torres Romay co estudantado do Grao en Publicidade da UVigo, na materia Plans de Comunicación Estratéxicos.
Entre os colectivos participantes estamos a totalidade dos que conformamos a Agrupación de Asociacións Rurais Terra e Xente (os CDR Ancares, Portas Abertas e O Viso, Euroeume e Eomaia); tamén a Plataforma pola recuperación do Sar, Betula Custodia, Rural Contemporánea, Espigadoras de Portomarín, Cooperativa Somosterra, A Sabia Galega e a propia Comunidade de Accións e Saberes Arredor do Rural.
Esta Comunidade de accións e saberes, da que formamos parte, serve de encontro entre persoas que traballan na educación e as que tentan construír alternativas a modos de vida e xestión dos recursos. Para enraizar no rural e poñer a vida no centro.
É entender que saber e facer van xuntas, para dar pé a accións creativas, e a partir delas transformar o que pensamos e aprendemos. Utilizamos estratexias coma a aprendizaxe-servizo, que integran a participación social coa aprendizaxe formal.
Nesta ocasión o proxecto de aprendizaxe-servizo son os plans de comunicación estratéxicos. O que se agardaba de nós, nesta ocasión é que comezaramos a explicar, brevemente, que facemos, que queremos comunicar e a quen. O alumnado, distribuído en grupos, fará para cada unha das nosas entidades un plan de comunciación; a nosa parte consiste en darlles información de que nos interesa comunicar, que facemos, cara onde imos...
Contactarán, xeralmente, de forma telemática, e segundo a súa dispoñibilidade, pode ser tamén presencial. Comezaron a traballar nisto neste 2º semestre do curso repartindo o traballo en diferentes grupos, e cóntase que estea todo rematado para o 25 de maio.

Saudamos gozosos que o plano estrictamente académico se amplíe coa inclusión da vida comunitaria, dos colectivos sociais como entorno de aprendizaxe; que a conexión entre a universidade e a sociedade (necesidades, problemas) contribúa a unha aprendizaxe que redunde nun desenvolvemento transformador dos contextos.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias