Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 13/12/2022 | FAIN Casa de la Cultura

O Concello cede os espazos de traballo para o equipo do proxecto FAIN

Dúas aulas na Casa da Cultura

12/12/2022 | Xinzo de Limia

Familia e Infancia, #FAIN, é un proxecto piloto dirixido a familias con nenas, nenos e adolescentes menores, perceptoras do Ingreso Mínimo Vital (IMV) e da Renda de Inclusión Social de Galiza (RISGA), e a atender a vulnerabilidade vinculada á exclusión territorial.
Unha vez posto en marcha o Proxecto FAIN: “Familia e Infancia”, que o CDR “O VISO” desenvolve na Área Rural 29, a cal comprende os concellos de Xinzo de Limia, Baltar, Calvos de Randín, Os Blancos, Rairiz de Veiga, Vilar de Barrio, Porqueira, Vilar de Santos, Sarreaus e Trasmiras, o Concello de Xinzo de Limia aproba a cesión de dúas aulas de uso exclusivo para o equipo de traballo do Proxecto. Moitas grazas.
Gracias a esta colaboración do Concello de Xinzo de Limia, as traballadoras e traballadores do CDR “O VISO” encargados de implementar o Proxecto dispoñen do espazo necesario para facelo.
As aulas cedidas á entidade localízanse no segundo andar da Casa da Cultura da propia vila. A duración desta cesión é dun ano, ata Outubro do 2023, data de finalización do Proxecto, e as tarefas a desempeñar dependerán da fase do Proxecto na que se atope o equipo de traballo. Trátase de propiciar unha oferta integral de apoios personalizados e adaptados ás persoas beneficiarias en tres dimensións:
- Un paquete de apoio social que inclúe o coidado, a saúde, a vivenda e o subministro enerxético, as competencias dixitais, a parentalidade e as redes de espazos e cooperación.
- Un paquete de apoio educativo que se centra na continuidade e o éxito educativo das e dos menores.
- Un paquete de inclusión activa que engloba a formación e o acceso ó emprego e a conciliación.
É un proxecto desenvolvido pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia en colaboración con entidades de iniciativa social en resposta ó Real Decreto 938/2021 polo que se regula a concesión directa de subvencións do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado pola Unión Europea (NextGenerationEU).

Arquivada en:
Infórmate > Noticias