Accesibilidad

Noticias 

漏 CDR O Viso | 19/11/2022 | Viajetal 1

Viajetal: buscando sabores e saberes 100% locais, propios

 Un novo modelo alimentario centrado na sostibilidade e a saúde global.

19/11/2022 | A Limia

Este pasado mércores, 16 de novembro, tivemos unha visita ben interesante. Recibimos en Lodoselo a Fran Baeza que contactara con Saray á que coñecía da época de Psicoloxía en Santiago. Veunos presentar o proxecto “Viajetal” (100% vexetal, 100%galego) e localizar espazos e posibles persoas coa idea de volver o sábado grabar. Fran está licenciado en Antropoloxía Social e Cultural, tamén en Psicoloxía, Máster en Postdesarrollo, Extécnico de Inserción Social y Laboral, emprendedor rural (tenda de degustación, cooperativa eco-social, turismo consciente, cooperativo e sostible en plena Serra do Segura, na localidade albaceteña de Bogarra) que estivo un ano de Erasmus en Santiago e fala galego.
O sábado 19 acompañado de Aitor Sánchez García e Luciana Feenstra pasaron a xornada traballando en Lodoselo e Laroá neste seu novo proxecto divulgativo que busca achegar ó público algunhas prácticas sociais asociadas á alimentación en diferentes lugares e contextos. Promoven iniciativas sociais e culturais que asisten a un novo modelo alimentario centrado na sostibilidade e a saúde global.
Buscando sabores e saberes 100% locais, propios, relatados como tales achegáronse ó CDR O Viso e a outras iniciativas locais que coidan a tradición na que se enmarcan e que apostan por unha Galicia máis solidaria e sostible, poñendo especial interese no coñecemento das mulleres e do medio rural: Carabuñas, sabugueiro (Vilar de Santos), plantacións de tés e infusións de Orballo (Paderne - A Coruña), pementos de Oímbra (na comarca de Monterrei), degustación de pratos vexetais con ingredientes locais no Restaurante Taskatenda (Salvaterra de Miño), recolección manual de Alga Codium (Ribeira) e visita á planta de transformación La Patrona (Cambados), restaurantes gastronomía vegana (Santiago).
Aitor Sánchez é dietista-nutricionista e tecnólogo alimentario.Ten investigado na Universidade de Granada, con estancias de investigación en Suecia e no Reino Unido. Profesionalmente, dedícase á divulgación sobre alimentación en diferentes medios de comunicación, en redes sociais, en eventos y conferencias. Actualmente, ten seccións recorrentes en RNE, TVE 1 e La Vanguardia;  conta cunha ampla carteira de clientes como Carrefour, Mapfre, DKV, Alpro, Danone, Cruz Roja, o Parlamento Europeo…
Autor de diferentes artigos científicos de impacto e dos libros Mi dieta cojea, Mi dieta ya no cojea, ¿Qué le doy de comer? (xunto con Lucia Martínez) e Tu dieta puede salvar el planeta. É consultor para distintas empresas do sector alimentario e cofundador do Centro de Nutrición Aleris e de Aleris Academia, onde se forma a profesionais sanitarios no ámbito da nutrición.
Moitas grazas por contar con nós, por axudarnos a valorar o noso, por posibilitarnos construír o relato do cotiá e polo tanto afondar na nosa identidade; grazas a Saray; a Pili e Eloi; a Asunción, Hermelinda e Inocencio; a Sara e a Puri; a Toño; a Lucía e á veciñanza de Laroá cos que participaron no Magosto...

Arquivada en:
Infórmate > Noticias