Noticias
© El Camino ESS | 20/07/2023 | El Camino ESS
Unha proposta turística alternativa a través de experiencias de economía social e solidaria
El Camino ESS Galicia
20/07/2023
“El Camino ESS”, ten como fin poder contribuír á construción dun novo modelo turístico con base nos valores e principios vinculados á Economía Social e Solidaria (ESS). As iniciativas que formamos parte do proxecto recoñecemos, compartimos e contribuímos a alcanzar os principios de equidade, traballo digno, sustentabilidade ecolóxica, compromiso coa contorna, cooperación e reparto xusto da riqueza.
Financiado polo Ministerio de Comercio, Industria e Turismo a través dos fondos Next Generation, é xestionado por cinco entidades de cinco comunidades autónomas: L´Olivera (Cataluña), REAS Aragón, El Colletero (A Rioxa), Centro de Desenvolvemento Rural Carrión de Los Condes (Castela e León), e REAS Galicia.
É un proxecto colectivo destinado a construír unha proposta turística alternativa a través de experiencias sostibles e responsables. Os obxectivos principais do proxecto son o de xerar alianzas entre as iniciativas e impulsar unha rede de turismo alternativo que facilite a súa sustentabilidade no tempo, así como o de potenciar a Economía Social e Solidaria a través da súa visibilización no sector turístico.
Para construír “EL CAMINO ESS” precisamos a participación de proxectos e iniciativas que xeren un impacto positivo no territorio en calquera das cinco comunidades autónomas participantes, que manifesten a vontade e o interese de formar parte deste proceso colectivo e de comprometerse cos valores e principios da Economía Social e Solidaria. Participar de forma directa deste proxecto implica asumir unha serie de responsabilidades e compromisos; á vez que se adquire unha serie de dereitos e beneficios. É un proxecto aberto a iniciativas que estamos, ou que queren estalo, e que aposten por outras formas de facer turismo. Logo, poderán aparecer na web do proxecto https://elcaminoess.com/o-proxecto
Estase a preparar unha xornada de formación para a realización dunha proba de pilotaxe sobre esta experiencia turística para recoller aprendizaxes e formular melloras; será aquí na zona, en Allariz seguramente, prevista para o día 4 de setembro. Formaremos parte Carabuñas, Lumecú, A Arca da Noe, Sabor de Aldea, Faragullas, Xeitura, Ecoespazo O rexo, Casiñas de Acevedo, Postoiro S. Coop galega e o CDR O Viso.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias