Accesibilidad

Noticias 

© COCEDER | 20/03/2023 | Piles (Gandía- Valencia) 1

Participamos no curso de COCEDER de xestión de entidades de desenvolvemento sostible

Un medio rural diverso con problemas comúns

20/03/2023 | Piles (Gandía-Valencia)

Esta pasada semana os CDR que conformamos COCEDER atopámonos nas instalacións do albergue de Piles (Valencia) os días 15, 16 e 17. A xornada do primeiro día estivo dedicada á elaboración do plan estratéxico da entidade. A partir do DAFO, achegas dos grupos de interese externos e o noso traballo por grupos establecemos os obxectivos estratéxicos de cada liña.
O 16 e 17 tocou a parte presencial do curso de Xestión de entidades de desenvolvemento sostible no medio rural. Os valores do medio rural, a filosofía e historia de COCEDER, os CDR por comunidades autónomas, a substitución nos CDR, a situación actual e o potencial do medio rural, a importancia da cultura e a identidade… conformaron as sesións que entre nós prepararamos para esta ocasión. As persoas coordinadoras dos CDR e as históricas foron as encargadas de desenvolver as intervencións na súa gran maioría.
Na última xornada coa temática de “Os procesos de participación na comunidade” tivemos a oportunidade de contar coa presenza de Fernanda, do equipo Aguirre Center:  Centro Agirre Lehendakaria.
Este curso estaba dirixido a persoas que vaian tomar a substitución xeracional dun CDR, a persoas que queiran desenvolver un CDR nun territorio, persoas directamente relacionadas coa xestión e coordinación dun CDR entre as súas funcións... Foi a parte presencial que se continuará con outra en liña de abril a xuño.

Un encontro de máis de setenta persoas que propiciou o contacto, a comunicación e favoreceu a cohesión, o sentido de pertenza. No que tivemos tempo para lembrar momentos da nosa historia, compartila e tamén para reflexionar sobre a situación actual dun medio rural diverso con problemas comúns; pasado e futuro que dalgunha maneira vigorizan o noso presente. Un pracer atoparnos entre xente tan comprometida, con miradas e narrativas que nos axudan a enfocar mellor o noso empeño.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias