Vídeos
A continuación presentámosche os 5 vídeos máis recentes.
Utiliza o pasapáxinas para acceder á colección completa ou o buscador se o que queres é localizar vídeos que cumpran uns criterios específicos.
29/12/2024 | 1:32
Premios da Cultura 2024 do Concello de Xinzo de Limia
Agradecemento, pequeno discurso (minuto e medio) do Tonho
Arquivado en:
Infórmate > Vídeos
27/12/2024 | 8:08
Alumar: Calor para o corazón no frío do Nadal
Alumar: Calor para o corazón no frío do Nadal
Alumar é moito máis que un proxecto; é unha faísca que acende o lume da solidariedade e a comunidade. Este Nadal, 24 persoas maiores que viven soas recibiron algo especial: agasallos cheos de calor, cartas que emocionan e o abrazo invisible dunha comunidade unida que quere coidalas.
A Limia, coa súa chaira xeada e o seu espírito comunitario, foi o escenario deste acto de amor colectivo. Os nosos paporrubios, voluntarios cun corazón cálido como o paxaro que lles dá nome, puxeron alma, tempo e dedicación para ALUMAR fogares e vidas, demostrando que a ruralidad tamén é sinónimo de forza, unión e esperanza.
Neste vídeo atoparás historias reais, emocións compartidas e a proba de que xuntos podemos crear milagres. Por mil invernos máis coa calor do amor humano.
Grazas a todos os que fixestes posible este proxecto
Arquivado en:
Infórmate > Vídeos
31/10/2024 | 6:10
Encontro da Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural en Lodoselo
A Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural (Rede do Rural) celebramos unha xuntanza no CDR O Viso (Lodoselo, Sarreaus), na que interviron diferentes iniciativas locais de desenvolvemento. Por un rural galego vivo e produtivo: vídeo de Roxín Roxal que forma parte e apoia á Rede.
26 de outubro de 2024.
26 de outubro de 2024.
Arquivado en:
Infórmate > Vídeos
04/07/2024 | 3:58
Programa de Investigación Científico-Técnica de carácter medioambiental de COCEDER
Durante o período 2023-2024 o Programa de Investigación Científico-Técnica de carácter ambiental de COCEDER desenvolveu un total de 17 estudos que foron posibles grazas á colaboración do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), que concede os fondos para realizar as actividades do programa.
Estas accións investigativas desenvolvéronse en pequenos municipios rurais repartidos por boa parte da xeografía española e abarcan 15 provincias das seguintes Comunidades Autónomas: a Comunidade Valencia, Cataluña, Aragón, Castela e León, o Principado de Asturias, Galicia, Estremadura e Andalucía.
Estas accións investigativas desenvolvéronse en pequenos municipios rurais repartidos por boa parte da xeografía española e abarcan 15 provincias das seguintes Comunidades Autónomas: a Comunidade Valencia, Cataluña, Aragón, Castela e León, o Principado de Asturias, Galicia, Estremadura e Andalucía.
Velaquí citada a nosa Investigación en recursos xenéticos locais (sementes de produtos de agricultura tradicional), o banco de sementes, a recuperación e a transmisión dos coñecementos tradicionais, ligado á conservación da biodiversidade agraria.
Arquivado en:
Infórmate > Vídeos
05/01/2024 | 10:02
ALUMAR
A través do proxecto ALUMAR, o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso, converteuse en intermediario entre 23 persoas que pasan o nadal en situacións moi próximas á soidade e outras tantas que quixeron armarse de amor e sentimento de comunidade para combater esa situación. Arrancaba o proxecto en novembro e rematou co peche do ano. Os 23 regalos voaron das mans amigas das veciñas e veciños solidarias cara as casas onde se apagara a luz do nadal grazas ao paporrubio, o paxaro que simbolizou a vitalidade e a cor no tempo das xeadas.
Este vídeo é unha escolma das emocións que espertou esta acción nas persoas que sentiron a calor de xente que nin coñecen.
Participaron, ademais das 46 familias conectadas, diferentes áreas de traballo do CDR como a educativa, o servizo “xanta na casa” (ou de comedor a domicilio), o proxecto Biocoidados ou o equipo de Comunicación.
Este proxecto, así coma outros, foi posible grazas á ó financiamento da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia na subvención destinada á realización de programas de interese social, con carga á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.
Arquivado en:
Infórmate > Vídeos
27/10/2023 |
Día mundial da Terapia Ocupacional 2023
Graciñas Helena!!! E Rocío. As dúas Terapeutas Ocupacionais do CDR. Pero tamén a todxs os que fixestes posible isto ó longo dos anos: Cuqui, Xisela, Cristina, Jesús e Ada.
Arquivado en:
Infórmate > Vídeos
25/09/2023 | 4:07
Miguel Ríos, The Black Betty Trio - El Blues de la Tercera Edad
Arquivado en:
Infórmate > Vídeos