Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 06/03/2023 | FAIN encuentro Lodoselo

Actividades en familia

Proxecto FAIN (Familia e Infancia)

06/03/2023 | Lodoselo

O pasado sábado, 4 de marzo, vivimos en Lodoselo unha mañá de actividades en familia para dar comezo ó período de intervención coas familias do Proxecto FAIN (Familia e Infancia).
O Campo da Lama foi o punto de acollida e aproveitouse a ocasión para dar a benvida ó proxecto a todas as familias, explicar o funcionamento, aclarar dúbidas e desculparnos pola tardanza en comezar a intervención debido ás eivas burocráticas que foron xurdindo nos últimos meses.
Acompañados do Toño, a Estela, a Anabel, a Pili, o Eloi e o Camilo, e as catro persoas asignadas ó proxecto FAIN –Jonathan, Estela, Sarai e Lucía-, puideron participar en catro actividades representativas do Pobo Escola de Lodoselo: percorrido polo xardín sensorial, rolda de xogos populares, conto do Carballo con Botas e coidados ós animais (ocas, galiñas, patos, ovellas, cans). As familias, por grupos, foron gozando das diversas tarefas ó longo da mañá, aproveitando para coñecérense entre elas, compartir inquedanzas, establecer vencellos…
Para o CDR O VISO o encontro entre culturas e entre xeracións son dous piares básicos da vida en comunidade, polo que continuaremos ofrecendo espazos para que se dean de forma natural.
O Proxecto FAIN desenvólveo a Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia en colaboración con entidades de iniciativa social en resposta ó Real Decreto 938/2021 polo que se regula a concesión directa de subvencións do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias