Noticias
© CDR O Viso | 08/07/2026 | Atención educativa de persoas adultas
Remata un curso cheo de aprendizaxes e novas oportunidades!
Unha educación para toda a vida e durante toda a vida
08/07/2026
Con xuño poñemos o broche final a unha nova edición do Programa para a Atención Educativa de Persoas Adultas no Medio Rural, un proxecto que nos acompañou desde setembro de 2025 e que, un ano máis, nos deixou moitos momentos para lembrar.
Ao longo destes meses compartimos moito máis ca actividades. Aprendemos xuntas, descubrimos novas formas de comunicarnos, exercitamos a mente, gañamos confianza e seguimos demostrando que cada pequeno avance conta. Cada sesión foi unha oportunidade para medrar, participar, crear vínculos e gozar do tempo compartido.
As novas tecnoloxías convertéronse tamén nunha ferramenta máis para aprender e abrir portas, mentres que o traballo en colaboración con outras entidades das comarcas nos permitiu seguir tecendo unha rede que fai o rural máis inclusivo e accesible para todas as persoas.
Grazas a todas as persoas por poñer a súa ilusión, o seu esforzo e as súas ganas en cada encontro. Despedimos esta edición coa mochila chea de experiencias e coa ilusión de volver compartir novos retos o vindeiro curso.
O programa de Atención Educativa para Persoas Adultas con Necesidades Educativas Especiais está promovido por COCEDER e financiado polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
O programa de Atención Educativa para Persoas Adultas con Necesidades Educativas Especiais está promovido por COCEDER e financiado polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
Arquivada en:
Infórmate > Noticias





