Noticias
© CDR O Viso | 04/07/2026 | Educación infantil familiar 2026
Rematan as sesións de Educación Infantil Familiar na Limia
Encontros que potencian unha parentalidade positiva
03/07/2026
As sesións de Educación Infantil Familiar deste curso en Vilar de Santos e Sarreaus despedíronse cunha fantástica excursión para descubrir Abelliña Azul, da man de Inés, nunha xornada chea de aprendizaxes, natureza e momentos para compartir en familia.
Ao longo destes meses, as familias participantes desfrutaron de actividades pensadas para favorecer o desenvolvemento das crianzas a través do xogo, a exploración e a experimentación. Ademais, estes encontros convertéronse nun espazo de confianza onde compartir experiencias, resolver dúbidas e reflexionar sobre a crianza desde unha perspectiva respectuosa, lembrando que non existe unha única maneira de educar e deixando atrás a presión de cumprir cos estándares que, con frecuencia, impón a sociedade.
Desde o CDR O Viso queremos agradecer a todas as familias a súa participación, implicación e confianza. Grazas por facer destes encontros un lugar de acompañamento, aprendizaxe e apoio mutuo.
En setembro retomaremos as actividades con novas propostas, xogos e experiencias, mantendo o noso compromiso de acompañar ás crianzas e ás súas familias nesta etapa tan importante.
Esta actividade forma parte do programa Familia e Comunidade, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do IRPF.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias