Accesibilidad

Noticias 

© CDR O Viso | 05/06/2026 | 5 de junio • Día Mundial del Medio Ambiente 1

5 de xuño • Día Mundial do Medio Ambiente

O desenvolvemento rural depende de ecosistemas sanos

05/06/2026

A Limia é terra de auga, biodiversidade, agricultura e patrimonio natural. O seu futuro depende do compromiso de todas e todos para conservar os recursos que fan posible a nosa calidade de vida.
Os retos ambientais aos que nos enfrontamos como sociedade requiren da implicación colectiva. O cambio climático, a perda de biodiversidade, a xeración excesiva de residuos ou o uso irresponsable dos recursos naturais son desafíos que nos afectan directamente e que demandan respostas compartidas.
No CDR traballamos cada día para promover o respecto e o coidado do medio ambiente, impulsando accións de sensibilización, consumo responsable, reciclaxe e participación comunitaria. A través destas iniciativas buscamos fortalecer a conciencia ambiental e avanzar cara a un modelo de desenvolvemento máis sostible e respectuoso coa nosa contorna.
Porque cada pequeno xesto conta:
- Aforrar auga.
- Reducir e reciclar residuos.
- Respectar os espazos naturais.
- Participar no coidado da comunidade.
Coidar o medio ambiente é unha responsabilidade compartida. Hoxe renovamos o noso compromiso cunha Limia máis verde, sostible e respectuosa co seu patrimonio natural.
A LIMIA TEN FUTURO. COIDÉMOLA ENTRE TODAS E TODOS.
Esta actividade forma parte do programa Voluntariado Ambiental, financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7% do IRPF.
 

 
 

Arquivada en:
Infórmate > Noticias