Noticias
© CDR O Viso | 29/01/2026 | Folgoso-Cortegada. Comunidade inclusivas
Folgoso e Cortegada reabren espazos e reforzan vínculos baixo o marco de Comunidades Inclusivas do CDR O Viso
Proxecto impulsado por COCEDER
29/01/2026
As aldeas de Cortegada e Folgoso, do Concello de Sarreaus, pertencentes á mesma parroquia e profundamente ligadas entre si, están a experimentar un proceso de activación comunitaria e posta en valor da súa identidade grazas ás accións impulsadas polo CDR O Viso no marco do proxecto Comunidades Inclusivas. Ambos pobos manteñen unha convivencia histórica inseparable, ata o punto de que non se poderían entender un sen o outro, compartindo espazos, servizos, historias de vida e relacións sociais durante xeracións.
Un dos resultados máis visibles deste proceso foi a recuperación do local social de Folgoso, un espazo que permanecía en desuso e que agora foi reaberto e posto ao servizo da veciñanza. Ao mesmo tempo, promoveuse un maior aproveitamento do local social de Cortegada, que ata o de agora era utilizado só en datas concretas ao longo do ano.
As actividades propostas polo CDR O Viso nestas aldeas organízanse de maneira alterna: unha semana en Folgoso e outra en Cortegada, xerando unha dinámica de achegamento aínda máis profunda entre as dúas comunidades. Este sistema favorece que, dependendo da semana, as persoas de Folgoso se acheguen a Cortegada e viceversa, consolidando un movemento continuo de convivencia, relación e coidado mutuo.
Ademais, a elaboración dun mapa de recursos comunitarios permitiu identificar e poñer en valor tanto os elementos patrimoniais e naturais das aldeas como aqueles segredos, relatos e saberes que permanecían ocultos ou dispersos. Este proceso contribuíu tamén a recoller as historias de vida das participantes, marcadas pola relación entre Cortegada e Folgoso e polo orgullo de pertencer a unha parroquia unida por lazos sociais e culturais moi sólidos.
As accións desenvolvidas no marco de Comunidades Inclusivas están a demostrar o potencial das aldeas rurais cando se traballa desde unha perspectiva participativa, recoñecendo o valor dos coidados, da identidade compartida e dos espazos de relación como elementos fundamentais para a cohesión social e a calidade de vida no medio rural.
O proxecto de innovación social “Comunidades inclusivas: solucións innovadoras de coidado e apoio no medio rural” é unha operación do Ministerio de Traballo e Economía Social no marco do Programa estatal do Fondo Social Europeo Plus (FSE+) “Inclusión social, garantía infantil e xuvenil e loita contra a pobreza”, impulsado por Coceder e cofinanciado pola Unión Europea, e financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, dentro da subvención para a implantación de programas de interese social con cargo á asignación fiscal do 0,7% do IRPF. Comisión Europea en España Eusocial Coceder
#ComunidadesInclusivas #CDROViso #RuralVivo #CohesiónSocial #IdentidadeCompartida #VidaNoRural

Arquivada en:
Infórmate > Noticias