Noticias
© Concello de Sandiás | 05/01/2026 | Cantámoslle os Reis do Quiquiriquí 2026 3
"Cantámoslle os Reis do Quiquiriquí, se non nos dan nada marchamos de eiquí"
05/01/2026 | Vilariño das Poldras (Sandiás)
Nestas datas... paréntese de calma fugaz nunha paisaxe mundial de avaricia, belicoside e ostentación, nós cantamos os reis. Fomos a Vilariño das Poldras, parroquia do concello de Sandiás, acompañadas de veciñas e veciños, ademais de un montón de nenas e nenos, de familias do CEIP e do PAI de Sandiás. Paseamos e coñecemos mellor o pobo; gozamos dos recunchos tan ben coidados e fomos petando de porta en porta, co lema: “Cantámoslle os Reis do Quiquiriquí, se non nos dan nada marchamos de eiquí”. Seguimos cantando as nosas pezas de sempre: Nadal de Laroá, aí veñen os Reis, o Patronciño... pezas tradicionais da nosa zona e que estamos conseguindo manter no repertorio actual.
Rematamos a xornada tomando algo quentiño e repartindo os aguinaldos! Contentos de compartir estes momentos despedímonos ata a próxima. E que de hoxe nun ano! Acordamos cales serán as aldeas do vindeiro 2027: As Pegas, O Castro e Cerredelo. E contamos poder cantarlles:
“Vímoslle cantar os Reis,
non de calquera maneira,
traemos a alforxa ás costas
e á cintura a faldriqueira.”

Ademais, ó longo destes días de Nadal, tamén se achegaron a cantarnos os reis á Túa Outra Casa, a vivenda comunitaria do CDR O Viso en Lodoselo. Foi a A Escola de Música tradicional de Sarreaus. E nós mesmos improvisamos momentos para cantarmos algunhas pezas propias destas datas.
É esta unha tradición habitual do Nadal limiao; a de ir cantar polas casas; grupos de mozas, mozos, nenas e nenos percorrendo a aldea ou parroquia cantando estas pezas da literatura popular e transmitidas oralmente de xeración en xeración. A cambio do seu cantar solicitábase o aguinaldo, xeralmente en especie (viño, chourizos, touciño, doces, lambetadas, etc) que despois consumían todos xuntos facendo unha festa ou foliada. No CDR O Viso levamos anos recuperando, mantendo esta fermosa costume comunitaria e o Concello de Sandiás xa nos convida ano tras ano a facelo con eles.
Esta actividade está financiada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia na subvención destinada á realización de programas de interese social, con carga á asignación tributaria do 0,7% do IRPF, aldeas activas e solidarias.

Arquivada en:
Infórmate > Noticias